domingo, 31 de maio de 2020

RELAXACIÓN

Esta semana introducirémonos nos métodos de indución á RELAXACIÓN. Concretamente, probaremos dous de eles.

TAREFA:
Fai as seguintes actividades preferiblemente en días distintos.
1.A- Realiza a seguinte sesión de relaxación co MÉTODO DE RELAXACIÓN PROGRESIVA DE JÁCOBSON.
1.B- Cubre o apartado corresponddente da FICHA DE AUTOAVALIACIÓN DE RELAXACIÓN.
2- Realiza a seguinte sesión de relaxación co MÉTODO DE ADESTRAMENTO AUTÓXENO DE SCHULTZ.
2.B- Cubre o apartado corresponddente da FICHA DE AUTOAVALIACIÓN DE RELAXACIÓN.
3- Envía a FICHA DE AUTOAVALIACIÓN, cuberta coa memoria das prácticas correspondentes aos dous métodos, a dcimadevila@edu.xunta.gal

PILATES


Esta semana faremos practicaremos un pouco de PILATES. Este é un método integral de traballo físico que pon en movemento todos os músculos do corpo, mesmo aqueles que non adoitamos exercitar cando practicamos calquera outras actividades ou deportes.

TAREFA:

1- Realiza a segunte SESIÓN COMPLETA DE PILATES, fixándote especialmente nas indicacións sobre a correcta postura e execución dos exercicios.
2- Cubre a FICHA DE AUTOAVALIACIÓN DE PILATES  e envíaa a dcimadevila@edu.xunta.gal

EXPRESIÓN CORPORAL 3: DRAMATIZACIÓN (II)

Esta semana incidiremos na expresión corporal, empregando a pantomima e a dramatización, con un guión pechado para unha representación curta.

TAREFA:
1- Escolle, tendo en conta as túas posibilidades representativas, un dos seguintes guóns:

2- Practica e representa a túa dramatización cantas veces consideres precisas, empregando canto material consideres (vestiario...).
3- Grava un vídeo coa túa representación e envíao a dcimadevila@edu.xunta.gal / Se tes dificultades para realizar o envío polo tamaño do arquivo de vídeo, ponte en contacto co profesor para facelo por outra vía.

CONDICIÓN FÍSICA 4: O MEU PLAN DE TRABALLO

Seguimos desenvolvento e levando á práctica o PLAN DE ACONDICIONAMENTO FÍSICO INDIVIDUALIZADO:


TAREFA:
1- Leva á práctica as tres útimas sesións de acondicionamenteo físico que programaches no teu plan persoal. Esta semana rematarás o mesociclo (1 mes) de adestramento.
2- Unha vez rematadas, escribe una MEMORIA DE TRABALLO SEMANAL, na que inclúas aspectos como: reflexión sobre a idoneidade das tarefas planificadas, dificultades atopadas, modificacións que fixeches ou farías… Envíaa a dcimadevila@edu.xunta.gal

OBSERVACIÓNS: Se  non remataches o PLAN DE TRABALLO, sigue elaborandoo e entrega a parte correspondente a esta semana para que poda ser avaliado.

YUKA APP - Toma consciencia do que comes

Cal é a misión de  Yuka?
O obxectivo de  Yuka é informar os consumidores axudándolles a descifrar as etiquetas dos produtos para poder tomar as mellores decisións.

Accede á aplicación gratuita no seguinte ENLACE DE YUKA APP.

Próbaa e sorprenderaste!!

RETO: COMBA DOBLE

Anímote a que intentes realizar o seguinte reto de habilidade con corda.
Mira o seguinte VÍDEO DE COMBA DOBLE e proba algunha das habilidades que nel aparecen con 2 amigos/familiares. Atréveste?

HABILIDADES COORDINATIVAS 3: PELOTA

Esta semana retomaremos centrarémonos nas habilidades coordinativas con PELOTA.

TAREFA:
1- Faite con unha pelota, a poder ser semellante á do vídeo (se non deberás modificar algunha das habilidades segundo o seu tamaño e bote).
2- Practica a seguinte PROGRESIÓN DE HABILIDADES CON PELOTA (5 min). Tómao con calma, xa sabes que os avances nas habilidades coordinativas son lentos.
3.A- Cubre a FICHA DE AUTOAVALIACIÓN en base á progresión do punto anterior e envíaa a dcimadevila@edu.xunta.gal
3.B- Grava un vídeo no que realices a progresión do punto anterior e envíao ao profesor.

AERÓBIC 3: Deseño de coreografía a partir de pasos básicos (II)

Esta semana seguiremos traballando no desseño dunha coreografía de aeróbic propia.
Na sesión anterior (Aeróbic 2) xa escolliches a música e elaboraches dous bloques musicais, que deberías ter practicado e automatizado suficientemente para seguir avanzando na elaboración da composición.

TAREFA:

1- Deseña e practica a lo menos outros 2 BLOQUES propios.
2- Memorízaos, automatízaos e escríbeos se é necesario para non esquecelos. 
3- Combína como consideres os 4 bloques que deseñaches  para tratar de completar a canción que escolliches.
4- Grava un vídeo no que amoses a túa composición, tratando de empregar a lo menos 2 veces cada bloque musical, e preferiblemente completar a duración total da canción que escolliches.
5- Envía o vídeo ao docente. Debido ao tamaño dos vídeos, dificilmete poderás envialo nun correo electrónico ordinario. Podes empregar as seguintes opcións:
- Arquivo comprimido a dcimadevila@edu.xunta.gal
- Arquivo sen comprimir a través de apps do tipo WeTransfer ou por WhatsApp (solicita o contacto ao docente).
6- Cubre na ficha de autoavaliación a MEMORIA SESIÓN 3 e, unha vez cuberta por completo, envíaa a dcimadevila@edu.xunta.gal