mércores, 13 de maio de 2020

ESCALEMOS UN MONTE CHAMADO INMUNIDADE*

Reto de varias semanas de duración e traballo diario, baseado na mellora das capacidades físicas/coordinativas e a alimentación saudable.
Pincha AQUÍ para acceder aos contidos.

*Adaptación da proposta compartida polas compañeiras do IES do Barral (Ponteareas)

luns, 11 de maio de 2020

ATREVÉDEVOS A COMENTAR A VOSA EXPERIENCIA OU DÚBIDAS

 

A publicación de comentarios está activada!.

Esta é a vía máis rápida para consultar ao docente ou compartir as vosas experiencias. Os comentarios serán públicos e  moderados polo profesor, igual que si estivésemos na aula.
Atoparás o enlace para publicar ou leer os comentarios de otros en tódalas páxinas e publicacións deste BLOG.

domingo, 10 de maio de 2020

CONDICIÓN FÍSICA 1: O MEU PLAN DE TRABALLO

Leva á práctica as primeiras tres sesión de adestramento que planificaches no exercicio anterior.
ANTES DE COMEZAR:  Asegúrate de que dispós de todo o necesario e non te esquezas de quecer ben tal e como explicamos na 1ª avaliación. Ten en conta os criterios de autoavaliación que atoparás na FICHA DE AUTOAVALIACIÓN.
- DURANTE A PRÁCTICA: Completa tódolos exercicios tendo moi en conta a túa correcta postura corporal e regulando o nivel de intensidade.
- DESPÓIS DA PRÁCTICA: Completa a FICHA DE AUTOAVALIACIÓN (pincha no enlace) e envíaa ao profesor dcimadevila@edu.xunta.com dentro do prazo establecido (1 semana dende o día da publicación no blog).

PLANIFICACIÓN DO ADESTRAMENTO

Con esta actividade retomamos a planificación do adestramento que xa iniciamos en trimestres pasados.
Tendo en conta as túas preferencias e posibilidades, debes planificar un mesociclo de adestramento  (1 mes), cos obxectivos de mellorar as capacidades físicas vinculadas á saúde e de ocupar activamente o tempo de lecer, e que levarás á práctica dende esta mesma semana.
Grazas ao reto "Escalemos un monte chamado inmunidade" practicastes actividades variadas para a mellora da CF que poden servir agora de inspiración.
A estrutura e dinámica do traballo é a mesma ca o que fixemos na 1ª avaliación pero agardo que o confinamento afíne o inxenio para unha maior variedade nas propostas, pois haberá que levalas á práctica.
Neste enlace podes atopar os apuntamentos e o guión que empregamos a última vez, adaptaos todo o que precises para realizar o teu traballo de planificación.
Lembra tes una semana para envialo dcimadevila@edu.xunta.com e debes comezar xa mesmo a levalo á práctica, pois esa é a segunda tarefa programada para esta semana.

O XOGO DA OCA - ABDOMINAIS ISOMÉTRICOS

O XOGO DA OCA - ABDOMINAIS ISOMÉTRICOS
Traballaremos a condición física empregando a adaptación dun xogo de mesa que todos coñecemos, o XOGO DA OCA. Podes xogar individualmente ou coa túa familia, pero ten en conta:
- ANTES DE XOGAR: Descarga as INSTRUCIÓNS E TABOLEIRO (pincha no enlace). Asegúrate de que dispós de todo o necesario e non te esquezas de quecer ben tal e como explicamos na 1ª avaliación. Ten en conta os criterios de autoavaliación que atoparás na FICHA DE AUTOAVALIACIÓN.
- DURANTE O XOGO: Completa tódolos exercicios tendo moi en conta a túa correcta postura corporal e regulando o nivel de intensidade.
- DESPÓIS DE XOGAR: Completa a FICHA DE AUTOAVALIACIÓN (pincha no enlace) e envíaa ao profesor dcimadevila@edu.xunta.com dentro do prazo establecido (1 semana dende o día da publicación no blog).

ORIENTACIÓN


RESULTADOS DA PROBA DE ORIENTACIÓN DE PRECISIÓN ON-LINE

--------------------------------------------------------------------------------------------------------

CAMPIONATO DE ORIENTACIÓN DE PRECISIÓN ON-LINE

MÉRCORES 25 DE MAIO ÁS 16:00

Podes acceder a tódola información que precisas coñecer e á proba, a través dos seguintes enlaces da Web do Club de Montaña Trevinca Barco:





--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O deporte de Orientación é una práctica competitiva no medio natural que se basa na carreira e procura de puntos de control.
O Departamento de EF tiña planificada a participación no Campionato Escolar Provincial de este deporte, así que para dar continuidade ao coñecemento desta disciplina imos a participar nun campeonato dixital de ORIENTACIÓN TRAIL-O (modalidade de deporte adaptado a persoas con movilidade reducida) ou orientación de precisión, organizado polo Club de Montaña Pena Trevinca de O Barco.
- ANTES DE PARTICIPAR: Debes coñecer os aspectos básicos do deporte para o que tes que visualizar a seguinte PRESENTACIÓN e tamén leer as instrucións para a participación na seguinte FICHA INFORMATIVA. Investiga todo o que poidas sobre os mapas de orientación e a súa interpretación (simboloxía), será o teu adestramento previo.
- A PROBA: Terá lugar o MÉRCORES 20 DE MAIO ÁS 16:00, de forma simultanea para tódolos alumnos dos distintos centros participantes. Terás que contestar o máis rápidamente posible a un cuestionario (que che facilitará o profesor ese mesmo día) baseándote en imaxes reais do Barco de Valdeorras e un mapa de orientación.
- AO FINALIZAR A PROBA: Establecerase unha clasificación segundo a puntuación obtida.



O XOGO DA OCA - CONDICIÓN FÍSICA BÁSICA

Traballaremos a condición física empregando a adaptación dun xogo de mesa que todos coñecemos, o XOGO DA OCA. Podes xogar individualmente ou coa túa familia, pero ten en conta:
- ANTES DE XOGAR: Descarga as INSTRUCIÓNS E TABOLEIRO (pincha no enlace). Asegúrate de que dispós de todo o necesario e non te esquezas de quecer ben tal e como explicamos na 1ª avaliación. Ten en conta os criterios de autoavaliación que atoparás na FICHA DE AUTOAVALIACIÓN.
- DURANTE O XOGO: Completa tódolos exercicios tendo moi en conta a túa correcta postura corporal e regulando o nivel de intensidade.
- DESPÓIS DE XOGAR: Completa a FICHA DE AUTOAVALIACIÓN (pincha no enlace) e envíaa ao profesor dcimadevila@edu.xunta.com dentro do prazo establecido (1 semana dende o día da publicación no blog).