domingo, 31 de maio de 2020

AERÓBIC 3: Deseño de coreografía a partir de pasos básicos (II)

Esta semana seguiremos traballando no desseño dunha coreografía de aeróbic propia.
Na sesión anterior (Aeróbic 2) xa escolliches a música e elaboraches dous bloques musicais, que deberías ter practicado e automatizado suficientemente para seguir avanzando na elaboración da composición.

TAREFA:

1- Deseña e practica a lo menos outros 2 BLOQUES propios.
2- Memorízaos, automatízaos e escríbeos se é necesario para non esquecelos. 
3- Combína como consideres os 4 bloques que deseñaches  para tratar de completar a canción que escolliches.
4- Grava un vídeo no que amoses a túa composición, tratando de empregar a lo menos 2 veces cada bloque musical, e preferiblemente completar a duración total da canción que escolliches.
5- Envía o vídeo ao docente. Debido ao tamaño dos vídeos, dificilmete poderás envialo nun correo electrónico ordinario. Podes empregar as seguintes opcións:
- Arquivo comprimido a dcimadevila@edu.xunta.gal
- Arquivo sen comprimir a través de apps do tipo WeTransfer ou por WhatsApp (solicita o contacto ao docente).
6- Cubre na ficha de autoavaliación a MEMORIA SESIÓN 3 e, unha vez cuberta por completo, envíaa a dcimadevila@edu.xunta.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario