luns, 18 de maio de 2020

MONOPOLY FAMILY EF

Actividade para realizar en familia baseado no coñecido xogo de mesa do Monopoly, adaptado aos contidos de EF.
- TUTORIAL explicativo do xogo.
- TABOLEIRO E INSTRUCIÓNS.

CONDICIÓN FÍSICA 2: O MEU PLAN DE TRABALLO

Seguimos desenvolvento e levando á práctica o PLAN DE ACONDICIONAMENTO FÍSICO INDIVIDUALIZADO:

TAREFA:
1- Leva á práctica as sesións de acondicionamenteo físico que programaches no teu plan persoal para esta semana.
2- Unha vez rematadas, escribe una MEMORIA DE TRABALLO SEMANAL, na que inclúas aspectos como: reflexión sobre a idoneidade das tarefas planificadas, dificultades atopadas, modificacións que fixeches ou farías… Envíaa a dcimadevila@edu.xunta.gal

OBSERVACIÓNS: Se  non remataches o PLAN DE TRABALLO, sigue elaborandoo e entrega a parte correspondente a esta semana para que poda ser avaliado.

EXPRESIÓN CORPORAL 1: O PARCHÍS DA EXPRESIÓN CORPORAL

Nas próximas tres semanas traballaremos a EXPRESIÓN CORPORAL. Para comezar a "soltarnos" un pouco, empregaremos un xogo de mesa por todos coñecido, o PARCHÍS, adaptado para que supoña un reto sinxelo de expresión corporal.

TAREFA:
1- Descarga as instrucións e o taboleiro e xoga ao PARCHÍS DA EXPRESIÓN CORPORAL.
2- Cubre a FICHA DE AUTOAVALIACIÓN e envíaa a dcimadevila@edu.xunta.gal

ACROSPORT/EQUILIBRIO

Con esta actividade iniciarémonos nas posturas básicas do YOGA, con transferencia a diferentes actividades de equilibrio, como por exemplo o acrosport.
 
TAREFA:
1- Empregando a lista de reporodución  de YogaFit España, practica as diferentes posicións que poderás ver nos VÍDEOS (16 vídeos de entre 1 e 2 min).

HABILIDADES COORDINATIVAS 1: COMBA

Durante tres semanas traballaremos as habilidades coordinativas. Esta semana farémolo con combas. Faite cunha corda/cable e a saltar!
 
TAREFA:
1- Practica os SALTOS BÁSICOS (13 min) presentados neste vídeo.
2.A- Cubre a FICHA DE AUTOAVALIACIÓN rexistrando nela os saltos que conseguiches dominar nesta semana e envíaa a dcimadevila@edu.xunta.gal
2.B- Grava un vídeo no que enlaces os saltos que domines, preferiblemente seguindo o rítmo da música que ti prefiras, e envíao a dcimadevila@edu.xunta.gal Se queres ver/experimentar un exemplo de rutina con comba e acompañamento musical pincha AQUÍ (3 min).
 
OBSERVACIÓNS:
Lembra que o traballo de comba é moi intenso. Dosifica os esforzos, tes unha semana por diante.

domingo, 17 de maio de 2020

AERÓBIC 1: SESIÓN DIRIXIDA


Durante as próximas 3 semanas traballaremos a resistencia aeróbica e a expresión corporal a través do AERÓBIC.

TAREFA:
1- Mira estes breves vídeos que che servirán para iniciarte nesta práctica..
- INTRODUCCIÓN. (2 min)
- ESTRUCTURA DA MÚSICA. (1 min) Peculiaridades da música empregada. Imprescindible para poder seguir e deseñar unha coreografía.
2- Observa os PASOS BÁSICOS (3 min) neste outro video e vainos practicando por separado.
3- Segue unha RUTINA DIRIXIDA (29 min) sinxela para practicar algún deses pasos básicos.
4- Cubre a MEMORIA DA SESIÓN 1 da FICHA DE AUTOAVALIACIÓN e gárdaa para completala coas sesión das próximas semanas.
 
OBSERVACIÓNS PARA O ALUMNADO DE 1º ESO: Parte destes contidos xa foron vistos na clase e esta tarefa é a única planificada para esta semana. Polo tanto, asegúrate de que dominas os pasos básicos e practíca comezando a enlazalos libremente coa música que queiras. Repite a rutina as veces que oprecises, pois poderás empregala na próxima sesión como parte da coreografía que comezarás a deseñar.