luns, 18 de maio de 2020

HABILIDADES COORDINATIVAS 1: COMBA

Durante tres semanas traballaremos as habilidades coordinativas. Esta semana farémolo con combas. Faite cunha corda/cable e a saltar!
 
TAREFA:
1- Practica os SALTOS BÁSICOS (13 min) presentados neste vídeo.
2.A- Cubre a FICHA DE AUTOAVALIACIÓN rexistrando nela os saltos que conseguiches dominar nesta semana e envíaa a dcimadevila@edu.xunta.gal
2.B- Grava un vídeo no que enlaces os saltos que domines, preferiblemente seguindo o rítmo da música que ti prefiras, e envíao a dcimadevila@edu.xunta.gal Se queres ver/experimentar un exemplo de rutina con comba e acompañamento musical pincha AQUÍ (3 min).
 
OBSERVACIÓNS:
Lembra que o traballo de comba é moi intenso. Dosifica os esforzos, tes unha semana por diante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario