Durante as próximas 3 semanas traballaremos a resistencia aeróbica e a expresión corporal a través do AERÓBIC.
TAREFA:
1- Mira estes breves vídeos que che servirán para iniciarte nesta práctica..
- INTRODUCCIÓN. (2 min)
- ESTRUCTURA DA MÚSICA. (1 min) Peculiaridades da música empregada. Imprescindible para poder seguir e deseñar unha coreografía.
2- Observa os PASOS BÁSICOS (3 min) neste outro video e vainos practicando por separado.
3- Segue unha RUTINA DIRIXIDA (29 min) sinxela para practicar algún deses pasos básicos.
4- Cubre a MEMORIA DA SESIÓN 1 da FICHA DE AUTOAVALIACIÓN e gárdaa para completala coas sesión das próximas semanas.
OBSERVACIÓNS PARA O ALUMNADO DE 1º ESO: Parte destes contidos xa foron vistos na clase e esta tarefa é a única planificada para esta semana. Polo tanto, asegúrate de que dominas os pasos básicos e practíca comezando a enlazalos libremente coa música que queiras. Repite a rutina as veces que oprecises, pois poderás empregala na próxima sesión como parte da coreografía que comezarás a deseñar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario