Con esta actividade retomamos a planificación do adestramento que xa iniciamos en trimestres pasados.
Tendo en conta as túas preferencias e posibilidades, debes planificar un mesociclo de adestramento (1 mes), cos obxectivos de mellorar as capacidades físicas vinculadas á saúde e de ocupar activamente o tempo de lecer, e que levarás á práctica dende esta mesma semana.
Grazas ao reto "Escalemos un monte chamado inmunidade" practicastes actividades variadas para a mellora da CF que poden servir agora de inspiración.
A estrutura e dinámica do traballo é a mesma ca o que fixemos na 1ª avaliación pero agardo que o confinamento afíne o inxenio para unha maior variedade nas propostas, pois haberá que levalas á práctica.
Neste enlace podes atopar os apuntamentos e o guión que empregamos a última vez, adaptaos todo o que precises para realizar o teu traballo de planificación.
Lembra tes una semana para envialo dcimadevila@edu.xunta.com e debes comezar xa mesmo a levalo á práctica, pois esa é a segunda tarefa programada para esta semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario