domingo, 24 de maio de 2020

EXPRESIÓN CORPORAL 2: DRAMATIZACIÓN (I)

A dramatización consiste en representar mediante a linguaxe corporal e/ou verbal unha acción levada a cabo por unhas personaxes nun espazo determinado.
Diferenciamos distintos xéneros dramáticos:
- Traxedia: onde se pasa da felicidade á desgracia total.
- Drama: No que ás personaxes son máis próximos aos nosos problemas cotiás.
- Comedia: Onde se dan enredos e situacións divertidas.
- Melodrama: Drama con música.

TAREFA:
1- Escolle un dos xéneros anteriores.
2- Realiza un guión dunha dramatización na que únicamente empregues a expresión corporal, con a lo menos dúas personaxes e unha duración mínima de 1 minuto.
3- Practica e representa a túa dramatización cantas veces consideres precisas, empregando canto material consideres (vestiario...).
4- Grava un vídeo coa túa representación e envíao a dcimadevila@edu.xunta.gal / Se tes dificultades para realizar o envío polo tamaño do arquivo de vídeo, ponte en contacto co profesor para facelo por outra vía.

OBSERVACIÓNS:
Podes empregar os recursos da tarefa de 3º ESO sobre MÍMICA para coller ideas de cara a túa representación.


Ningún comentario:

Publicar un comentario