domingo, 24 de maio de 2020

EXPRESIÓN CORPORAL 2: MÍMICA

Continuamos a traballar a nosa EXPRESIÓN CORPORAL. Esta semana farémolo empregando o recurso da MÍMICA, que se define como unha forma de expresión baseada en xestos e movementos corporais e fisionómicos. A través da mímica podemos transmitir ideas e pensamentos sen necesidade de utilizar o discurso oral, só facendo acenos.

TAREFA:
1- Observa os seguintes vídeos onde se amosan distintas representacións mímicas que che poderán servir de exemplo:
- MARCELL MACEAU, o mellor mimo da historia (2 min).
- ESCALEIRAS (2 min).
- LEVANTAR (1 min).
- SOGA (1 min).
- O CARRO (5 min).
2- Escribe o guión da túa propia representación mímica dunha situación da vida cotiá (1 a 2 min): a voda dun irmá, a cea de Noiteboa, cociñando unha tortilla con cebola... 
3- Representa a escena que guionizaches, practicándoa cantas veces precises.
4- Grava un vídeo (1 a 2 min) coa túa representación mímica e envíao* a dcimadevila@edu.xunta.gal 

*Se tes problemas para o envío por medio de correo electrónico por mor do tamaño do arquivo de vídeo, ponte en contacto co profesor para realizalo por outro medio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario