luns, 15 de xuño de 2020

TAREFA FINAL

Con esta entrada rematamos este atípico curso académico 2019/2020. Para esta semana non temos ningunha tarefa avaliable programada, pero si deixamos dúas cousiñas pendentes nas que preciso a vosa axuda:

1- Xa están dispoñibles os resultados da valoración da condición física saudable (DAFIS) que fixemos na segunda avaliación. Podes ver os resultados globais do centro no seguinte ENLACE (apartados INICIO  e ANÁLISE), ou descargando o seguinte INFORME. Si queres un informe individualizado da túa valoración, envía unha petición ao profesor dcimadevila@edu.xunta.gal
2- Ao longo do curso fixemos distintas actividades, máis alá das clases presenciais de EF, que se encadran dentro dun plan denominado PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO, podes ver un resumo ilustrado con fotos no seguinte blog oxermanmovese.blogspot.com


TAREFAS:
1- Ollea, si é do teu interés,  a valoración DAFIS accedendo no seguinte e ENLACE (apartados INICIO  e ANÁLISE) ou descargando o seguinte INFORME. Se queres o teu informe individualizado, solicítao ao profeser dcimadevila@edu.xunta.gal
2- Accede ao blog oxermanmovese.blogspot.com , comenta a túa experiencia e valora as actividades nas que participaches e que alí se describen. É MOI IMPORTANTE A TÚA OPINIÓN/VALORACIÓN!! Podes facelo de forma anónima, poñendo o teu nome e curso ao inicio do comentario ou vinculando o comentario ao teu perfil de Gmail.

4 comentarios: